Reitoral de Fofe: a paz, a tranquilidade e o benestar danche a benvida
A Reitoral de Fofe xorde sobre as ruínas da antiga casa reitoral da parroquia de Fofe (Covelo), cuxa primeira construción data de finais do século XVII. Situada ao sur da Serra do Suído, espazo natural protexido, a Reitoral é un balcón ao Val de Tielas, formado polo curso alto do río Tea.
A reitoral, a súa historia, os seus salóns, xardíns, piscina e contorna
O seu estilo señorial reflíctese en trazos arquitectónicos únicos co granito como protagonista. De especial beleza é o conxunto formado pola torre fortificada, o patio e o corredor, todos protexidos pola solemnidade do carballo centenario.
Cuarto dobre especial “Lavandeira”
Amplo e moi luminoso, a súa orientación permite contemplar o val en todo o seu esplendor dende o seu balcón.
Cuarto dobre “Pardal”
Os azuis e os ocres fan deste cuarto un dos máis acolledores.
Suite “Curuxa”
O cuarto especial da reitoral, coa impoñente bóveda de pedra que coroa o dormitorio.
Cuarto dobre especial "Cuco"
O cuarto especial da reitoral, coa impoñente bóveda de pedra que coroa o dormitorio.
Cuarto triplo "Gabián"
Orientado cara o sur, a tenue luz do atardecer destaca os seus tons elegantes e dourados.
Cuarto triplo "Moucho"
Fermoso cuarto con dúas camas xuntas ou dúas separadas.
Cuarto familiar "Breixo"
Cuarto amplo e luminoso de dúas plantas.
Coñece os nosos cuartos
Cheos de detalles reconfortantes. Espazos amplos que se crean a partir de pequenos recunchos.
As mascotas son benvidas
Os mellores ingredientes da horta e os produtos de tempada son a base da nosa cociña.
Os fogóns da reitoral están sempre acesos para deleitar os padais dos seus hóspedes. Na despensa, os mellores ingredientes da horta, produtos de tempada que nutren os pratos que se cociñan combinando a cociña tradicional cos conceptos da restauración actual.