Restauración e eventos

O noso restaurante

Os fogóns da reitoral están sempre acesos para deleitar os padais dos seus hóspedes. Na despensa, os mellores ingredientes da horta, produtos de tempada que nutren os pratos que se cociñan combinando a cociña tradicional cos conceptos da restauración actual.

Dende o almorzo caseiro ata as ceas, pasando polos xantares, pódense gozar no inverno ao carón do lume e no verán nos xardíns ao aire libre.

A nosa carta

Para compartir (2 per.)
  • Croquetas caseiras
  • Zamburiñas á prancha
  • Táboa de queixos: tetilla, manchego e San Simón
  • Tortilla da casa
  • Pementos de Padrón
  • Champiñóns recheos de xamón con salsa Roquefort
Torradas
  • Torrada de queixo cremoso e marmelada caseira de pemento vermello
  • Torrada de piquillos e ventrecha
  • Torrada de salmón mariñado en salsa de mostaza e mel
  • Torrada de foie con confeitura de arandeiras
Ensaladas
  • Ensalada do párroco: Leituga de tempada, tomate, tetilla, mazá e noces
  • Ensalada morna de sucedáneos de meixón e gambón
  • Ensalada reitoral: tomate, tetilla artesá e aceite ao ourego
As nosas suxestións
  • Crema do día
  • Filloa rechea de espinacas e piñóns
  • Revolto de grelos con chourizo
  • Revolto de algas variadas y ourizo de mar
  • Polbo á prancha con aceite de oliva virxe
  • Bacallau ao forno sobre panadeira con guiso de pemento e cebola
  • Faceira de tenreira ao mencía
  • Costeletas de cordeiro á prancha
  • Segredo de porco ibérico con salsa alioli
  • Gambas ao allo
  • Ovos rotos con xamón
  • Luras á andaluza
  • Pasta do día
Sobremesas
  • Filloa rechea de nata con chocolate
  • Delicia de iogur con froita
  • Tetilla artesá con marmelo caseiro
  • Torta do día

Un espazo único para o día máis especial

A Reitoral de Fofe ofrece aos noivos un marco incomparable para a celebración da súa voda. As súas instalacións dispoñen do espazo axeitado para cada necesidade: a cerimonia, o banquete, así como o aloxamento dos invitados.