Aviso legal

TITULAR DO SITIO WEB

  • Denominación social: Tomás Barcia Rodríguez
  • CIF: 78735744M
  • Datos de contacto:
    • Enderezo: Aldea de Arriba 13, Fofe. 36873 Covelo (Pontevedra)
    • Teléfonos de contacto:986668750
    • Enderezo de correo electrónico:info@rectoraldefofe.com

CONDICIÓNS DE USO

Esta páxina web ten como finalidade facilitar aos usuarios e/ou potenciais clientes ou clientes información sobre as actividades de Tomás Barcia Rodríguez e os servizos que esta ofrece, así como proporcionar información que poida resultar de interese.

Con esta páxina web, Tomás Barcia Rodríguez pretende prestar un servizo útil, polo que as suxestións dos usuarios da páxina son benvidas. Pero se non estás de acordo con algunha das condicións que contén este aviso, debes deixar de empregar a páxina web. O teu acceso implica que as aceptas.

Determinados servizos que se prestan a través do sitio web poden conter condicións particulares con disposicións específicas en materia de protección de datos persoais. É imprescindible que as leas e as aceptes antes de solicitar o servizo en cuestión.

I ACCESO

O acceso é público, aínda que existen determinadas partes da páxina web cuxo acceso se reserva aos clientes, mediante un identificador de usuario e un contrasinal. Os usuarios que non sexan clientes poden visitar as seccións públicas da páxina e nunca deben tentar acceder ás seccións de acceso restrinxido, a non ser que teñan autorización porque se lles asignou un identificador de usuario e un contrasinal.

II MODIFICACIÓN DA PÁXINA E INTERRUPCIÓNS OU ERROS NO ACCESO

Tomás Barcia Rodríguez resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de avisar con anterioridade, modificacións e actualizacións da información que se inclúe na páxina web, da súa configuración e presentación e das condicións de acceso.

III CONTIDOS E PÁXINAS LIGADAS

A información que se inclúe nesta web ten só carácter informativo e, en ningún caso, constitúe asesoramento de ningún tipo. A política de Tomás Barcia Rodríguez é procurar que os contidos estean sempre actualizados, pero pode ocorrer que non o estean.

O sitio web contén textos elaborados con fins só informativos ou divulgativos, que poden non reflectir o estado actual e que fan referencia a situacións xerais, polo que o seu contido nunca se poderá aplicar por parte do usuario a casos concretos. As opinións expresadas neles non reflicten necesariamente os puntos de vista do titular da páxina web. O usuario non deberá actuar en base á información que se inclúe neste sitio web sen recorrer previamente á correspondente consulta co cadro de persoal de Tomás Barcia Rodríguez.

Os usuarios comprométense a facer un uso axeitado dos contidos e servizos que ofrece o titular da páxina web.

As ligazóns externas que se inclúen neste sitio web conducen a sitios xestionados por terceiros. O titular da páxina web non é responsable do contido nin do estado destes sitios. O uso de ligazóns externas non implica que Tomás Barcia Rodríguez recomende ou aprobe os contidos das páxinas de destino.

A función dos links e ligazóns que aparecen nesta páxina é exclusivamente informar aos usuarios e clientes da existencia doutras fontes de información sobre o tema en Internet, onde poden ampliar ou completar os datos que ofrece esta páxina. Tomás Barcia Rodríguez nunca será responsable dos resultados obtidos a través destas ligazóns.

En todo caso, Tomás Barcia Rodríguez non asume a responsabilidade derivada dos contidos ligados dende a súa páxina web, nin pode garantir a ausencia de virus, nin outros elementos neles que poidan provocar alteracións no sistema informático (hardware e software), nos documentos ou ficheiros, ou datos do usuario, e rexéitase calquera responsabilidade por calquera tipo de dano causado ao usuario por este motivo.

Aínda que as ligazóns se supervisan regularmente para que isto non suceda, no caso de que calquera usuario ou terceiro considere que o contido ou servizos que prestan as páxinas ligadas son ilícitos, vulneran os valores ou principios constitucionais, ou lesionan bens ou dereitos do propio usuario ou dun terceiro, ponte en contacto inmediatamente con Tomás Barcia Rodríguez neste caso, e especialmente se as ligazóns consisten en:

  • Actividades ou contidos que se poden considerar delituosos segundo a normativa aplicable.
  • Actividades ou contidos que violan os dereitos de propiedade intelectual ou industrial.
  • Actividades ou contidos que poñan en perigo a orde pública, a investigación penal, a seguridade pública e a defensa nacional.
  • Actividades ou contidos que poñan en perigo a protección da saúde pública, o respecto á dignidade da persoa, o principio de non discriminación, a protección da saúde e da infancia, a protección de datos persoais ou calquera outro valor ou principio que se considere de interese.