Como chegar

Dende Vigo

Coller a autovía A-52 dirección Ourense. Tomar a saída 282 dirección Covelo. Despois de 4,5 km, xirar á esquerda para coller a N-120 dirección Ponteareas. Coller o primeiro cruzamento á dereita PO-5107, sempre en dirección Covelo. Continuar pola mesma estrada, deixando Covelo atrás, ata chegar a Maceira. En Maceira, xirar á esquerda seguindo as indicacións ata chegar á casa.

Dende Ourense

Coller a autovía A-52 dirección Vigo. Tomar a saída 269 dirección A Cañiza e continuar pola N-120 dirección Vigo. Despois de 5 km , coller á dereita a PO-255 dirección Pontecaldelas. Continuar ata chegar a Maceira, onde hai que xirar á dereita para seguir pola PO-255. Seguir as indicacións ata chegar á casa.