Rectoral de Fofe

A Lenda

ruinasfofe2Un pouco de historia…

Os arquivos do Bispado de Tui constatan que en século XVII na parroquia de Fofe habitaban máis de 250 familias, sendo a súa actividade máis próspera o cultivo de centeo, trigo e millo. Os muíños que aínda hoxe seguen o curso do río son testemuñas daqueles tempos.

As rutas comerciais que se estendían desde a zona do Ribeiro cara ás costas facían parada en Fofe. O tránsito continuado de mercadorías pronto converteu toda a zona da Paradanta nun lugar favorable para vivir. O aumento de poboación propiciou que a Igrexa destinase alí máis párrocos, polo que foi necesaria a construción dunha Gran Casa Reitoral que chegou a albergar ata sete curas.
Sobre as ruínas desta, levántase a actual Reitoral de Fofe.
A súa restauración comezou en 1.996 e tivo como obxectivo principal respectar a estrutura orixinal da casa, habilitando o seu interior como un dos máis belos exemplos de Aloxamento Rural de Galicia.

A lenda…

P2-112_baja-39Conta a lenda que habitando a Reitoral o último dos párrocos, a casa foi asaltada por bandidos. Armados con trabucos entraron polo atrio principal coa intención de roubar e acabar con todo aquel que se puxese no seu camiño. Avisado polo ama de chaves, o cura espertou en plena noite e sen modo de escapar, ideou un plan para enganar aos bandidos. Cando estes entraron nos aposentos do cura, só atoparon dúas mulleres asustadas que se arrodillaron ante eles suplicando clemencia. Unha delas non era outra que o cura disfrazado con roupa da súa serventa, salvándose así dunha morte segura.