Rectoral de Fofe

Os Salóns

A Lareira

En torno ao lume atópase o lugar de estar, antigamente cociña da Reitoral. Espazo para compartir a calidez da casa cos demais hóspedes. As veladas acompáñanse con conversación, calor e boa compañía. Os libros repartidos pola estancia ofrecen momentos de descanso perfectos.


O Pombal

Pedra e liñas rectas para un espazo creado especialmente para o lecer. Con todo a súa fronte acristalada podemos gozar da choiva caendo no xardín mentres oímos música, vemos unha boa película ou xogamos unha partida na videoconsola.

A torre do pombal permite ter un espazo privado onde gozar de masaxes terapéuticas e de relaxación dispoñibles para os hóspedes.