Rectoral de Fofe

Como chegar

Coordenadas GPS: 42.280405,-8.344957 42º 16′ 49.458, -8º 20′ 41.8452″

Dende Vigo

Coller a autovía A-52 dirección Ourense. Tomar a saida 282 dirección Covelo. Tras 4,5 Km xirar á esquerda para coller a N-120 dirección Ponteareas. Tomar o primeiro cruce á dereita, PO-5107, sempre dirección Covelo. Continuar pola mesma estrada deixando atrás Covelo, ata chegar a Maceira. En Maceira, xirar á esquerda seguindo os carteis indicativos ata chegar á casa.

Dende Ourense

Coller a autovía A-52 dirección Vigo. Tomar a saida 269 dirección A Cañiza e continuar pola N-120 dirección Vigo. Tras 5 km, coller á dereita a PO-255 dirección Pontecaldelas. Continuar ata chegar a Maceira, onde hai que xirar á dereita para seguir pola PO-255. Seguir os carteis indicativos ata chegar á casa.